Esta pequena elfiña cavilou e cavilou:
- ¿Que quero facer? ¿Que quero facer? ¿Que quero facer?
Sabía que quería viaxar, pero ¿a onde? e, ¿cómo?
A cada paso o desexo a pedir era máis complicado, pois todos saben que pode ter trampa.
Ao pouco tempo escoitou un barullo.

- ¿Es ti, trasno barulleiro? – dixo esta elfiña intentando velo, pois non parecía visible e tan só escoitábase a súa voceciña chirriante.
- Si elfiña si, xa saberás que me queres pedir como primeiro desexo, ¿non?
- ¡Pois non!– e a aquel anano estridente xa non se oía por ningures.

Investigación durante tres días e por fin, xa o tiña, o desexo na punta da lingua.
- ¡Rumpelstiltskin!
- Ola pequena, ¿xa sabes o primeiro desexo?
- Rumpelstiltskin quero ir a un pequeno pobo de Galicia, e non quero que os humáns me recoñezan como elfiña que son, chámase Santa María de Coba.
Minutos despois, alí se encontraba. Sabendo que o desexo cumpriríase de inmediato, amañouse esta elfiña con farrapos e un cesto de comida ás costas... rapaciños e rapaciñas quedaban abraiados ante unha nena de non máis de 15 anos, esfarrapada, meteuse nunha pequena saínte dunha chabola e...
- ¡Oh! Meniña pero que fas ti soa aquí fóra con este frío. Pasa pequena, dareite un pouco de leite e algo para comer – dixo unha muller – perdícheste supoño.
- Gracias – dixen baixando a cabeza como sinal de cortesía.
- Nenos para á casa que xa e tarde e imos cear cunha invitada – dixo un señor maior, supoño que pai da muller e avó dos rapaces – e logo cóntovos unha historia para que vaiades durmir coma anxos.
Despois da cea e de que a elfiña inventara unha historia sobre a súa vida o avó comezou a narrar:
“O neno rei
Houbo un tempo lonxano no que un neno era o rei de Galicia. Pero este neno tivo que fuxir dos seus pais porque eles, que eran reis de outros reinos, buscábano para arrebatarlle o seu.
Viñeron a Galicia exércitos de terras lonxanas e por onde pasaban os seus cabalos sembraron a guerra, a dor e a morte.
O neno rei foi protexido por monxes de Santiago que fuxiron con el ao sentir o galopar dos exércitos dos seus pais.
Ninguén debía saber quen era nin onde se escondía e, por iso, fuxían dun lugar a outro constantemente. No transcurso da fuxida refuxiáronse durante un tempo no pobo de Santa María de Coba, os veciños non sabían quenes eran aqueles extranos e misteriosos personaxes, que cada vez que soaban as campás cun toque que previamente acordaran, saían fuxindo hacia os seus refuxios construídos en tempos lonxanos na Serra para escapar dos ataques dos infieis.
Durante o tempo que estiveron refuxiados, soamente nunha ocasión se presentaron no pobo un grupo de cabaleiros armados que buscaban un neno. Referíanse a el como un Rei ao que uns monxes pecadores tiñan secuestrado pola forza e contra a súa vontade. Ninguén lles deu información, quizais polo medo ou tal vez polo asombro que lles producía ao saber que aquel neno era un rei.
Pouco despois deste feito, e tan misteriosamente como chegaron, desapareceron o neno rei e os seus protectores”.
Esta lenda que figura no "Libro Escuro" podrería estar relacionado coas guerras que houbo en Galicia entre a Raiña Urraca e o seu segundo marido Alfonso o Batallador contra Alfonso Raimúndez (que logo foi Alfonso VII), fillo do primeiro matrimonio de Urraca.

8 comentarios:
Curiosos os desexos que pides.Só quedan dous.
Bicos
Ti pide, que o nón tense sempre.
Xa o di o refrán: "o que non chora...
Curiosa historia. Non a coñecía. Sigue pedindo.
Non sabía que os elfiños comeran polbo.
Non serás ti a filla dun rei ?.
Vaia misterio que traes contigo.
Os nenos reis son moi parecidos a outros nenos. O malo é cando se fan grandes que perden moito.
non sabía da historia (e iso tampouco é tan raro)... Vou comezar a pensar os meus desexos. Non vaia ser o demo que non os teña na mente se me pasa o mesmo que a ela.
Publicar un comentario