domingo, 14 de octubre de 2007

Fóra do templo III - segundo desexo


Despois de pasar un longo tempo axudando a aquela muller que recolleu a esta pequena elfiña, dou en conta que collín aprecio a eses seres, débiles en certo modo.
Cómpre dicir, dalgunha maneira, que se deixan levar polos seus sentimentos e impulsos, aínda que, que tipo de ser non é capaz de perde-la súa vida por salvar ós seus, alimentalos, abrigalos...
Endexamais advertín tal admiración por algún humán, pero aquela familia tíñame perplexa completamente cos seus rituais, xestos, expresións, chuchóns... incluso as refregas.
Quizais, coidei de non ser descuberta, e nese intento, decidín marchar antes do previsto. Marchei de alí, tal como se me levara un demo pequerrecho, en definitiva, fuxín.
Aos poucos días, nun lugar recóndito da Galicia, atopei cun cego que farfallaba coma se fose un tolo... no meu intento por descubrires que dicía, descifrei unha pequena historia...

Hércules en España

Hércules, fillo do deus Zeus, foi enviado a España polo seu irmán, o rei Euristeo, coa misión de consegui-lo fabuloso rabaño de touros vermellos de Xerión, quen contaba cun pastor e Ortos (can de tres cabezas, irmán de Cancerbero).
Chegado Hércules ó reino de Xerión e Ortos recibiuno lanzándose sobre el, o primeiro destrozoulle as tres cabezas cunha maza que levaba sempre. O pastor disposto a defende-lo rabaño, faleceu no intento. Os animais foron embarcados e levados a Grecia ao rei Euristeo.
Xerión vingouse do acoso de Hércules violando á irmá deste. Despois de perpetrar tal desagravio, fuxiu nunha barca roubada, desembarcando así nas terras de Galicia. Fabricouse unha choza e finalmente quedou durmido.
Cando Hércules soubo da mala nova, foi na súa procura cruzando a costa Lusitania, tal como anteriormente fixera Xerión. O semideus aos poucos de chegar á terra galega, avistou unha choza, e crendo que era dos pescadores decidiu descansar nela. Tal sorpresa levou ao ver aquel truán. Por non actuar como traidor nin como covarde, espertouno. Loitaron durante tres días e tres noites e, finalmente, Hércules antepúxose decapitando ao contrincante.
O vencedor cavou unha fosa e enterrou a cabeleira de Xerión e, sobre ela acumulou pedras e máis pedras, ata que o nicho alcanzou os vinte pés de altura. Ordenou que ardera un fogo permanente no alto da torre para que servira de guía para os navegantes...


Estou a pensar, pois creo que é iso que agora se chama a Torre de Hércules, e que está na Coruña. De todas as maneiras parece incrible que teña unha cabeza no seu fondo. Prefiro non descubrilo. Aos prontos o cego deuse conta da miña presencia, e por mor de que puidese utilizar calquera dos seus outros sentidos e, recoñecer que á que está no seu lado non é humán (e que os elfos cegos saben diferenciar especies). Antes de saber se ten esas capacidades: ¡Rumpelstiltskin! Quero ir á terra de Hércules...

5 comentarios:

Fada Branca dijo...

Non me mate vostede por estar a unha da mañán esperta. Xa sei que unha ten que coller mañá cedo os seus contos e ir visitar os nenos. pero en fin. Ten vostede que saber que esto de internet vai como lle peta. Mñán a ora da sesta, mandareille unha paloma mensaxeira a ver como está.

Alexan dijo...

Vaia a Grecia , pero non veña de volta cos touros vermellos de Xerión.
Estaba o bosque valeiro sen vostede.
Un saúdo

paideleo dijo...

Rumpelstiltskin vai ser sinónimo de boas historias oídas aquí e acolá.
Gústame a viaxe deste elfo.

Anónimo dijo...

A ver que pasa de agora en adiante. Isto ponse interesante.

Alfredinho dijo...

Graciñas polo comentario. Póñoche unha ligazón ó teu blog.

Un saúdo!