domingo, 23 de septiembre de 2007

Fóra do templo II - O primeiro desexo


Esta pequena elfiña cavilou e cavilou:

- ¿Que quero facer? ¿Que quero facer? ¿Que quero facer?
Sabía que quería viaxar, pero ¿a onde? e, ¿cómo?

A cada paso o desexo a pedir era máis complicado, pois todos saben que pode ter trampa.
Ao pouco tempo escoitou un barullo.

- ¿Es ti, trasno barulleiro? – dixo esta elfiña intentando velo, pois non parecía visible e tan só escoitábase a súa voceciña chirriante.
- Si elfiña si, xa saberás que me queres pedir como primeiro desexo, ¿non?
- ¡Pois non!– e a aquel anano estridente xa non se oía por ningures.

Investigación durante tres días e por fin, xa o tiña, o desexo na punta da lingua.
- ¡Rumpelstiltskin!
- Ola pequena, ¿xa sabes o primeiro desexo?
- Rumpelstiltskin quero ir a un pequeno pobo de Galicia, e non quero que os humáns me recoñezan como elfiña que son, chámase Santa María de Coba.

Minutos despois, alí se encontraba. Sabendo que o desexo cumpriríase de inmediato, amañouse esta elfiña con farrapos e un cesto de comida ás costas... rapaciños e rapaciñas quedaban abraiados ante unha nena de non máis de 15 anos, esfarrapada, meteuse nunha pequena saínte dunha chabola e...

- ¡Oh! Meniña pero que fas ti soa aquí fóra con este frío. Pasa pequena, dareite un pouco de leite e algo para comer – dixo unha muller – perdícheste supoño.
- Gracias – dixen baixando a cabeza como sinal de cortesía.
- Nenos para á casa que xa e tarde e imos cear cunha invitada – dixo un señor maior, supoño que pai da muller e avó dos rapaces – e logo cóntovos unha historia para que vaiades durmir coma anxos.

Despois da cea e de que a elfiña inventara unha historia sobre a súa vida o avó comezou a narrar:

“O neno rei

Houbo un tempo lonxano no que un neno era o rei de Galicia. Pero este neno tivo que fuxir dos seus pais porque eles, que eran reis de outros reinos, buscábano para arrebatarlle o seu.
Viñeron a Galicia exércitos de terras lonxanas e por onde pasaban os seus cabalos sembraron a guerra, a dor e a morte.
O neno rei foi protexido por monxes de Santiago que fuxiron con el ao sentir o galopar dos exércitos dos seus pais.
Ninguén debía saber quen era nin onde se escondía e, por iso, fuxían dun lugar a outro constantemente. No transcurso da fuxida refuxiáronse durante un tempo no pobo de Santa María de Coba, os veciños non sabían quenes eran aqueles extranos e misteriosos personaxes, que cada vez que soaban as campás cun toque que previamente acordaran, saían fuxindo hacia os seus refuxios construídos en tempos lonxanos na Serra para escapar dos ataques dos infieis.
Durante o tempo que estiveron refuxiados, soamente nunha ocasión se presentaron no pobo un grupo de cabaleiros armados que buscaban un neno. Referíanse a el como un Rei ao que uns monxes pecadores tiñan secuestrado pola forza e contra a súa vontade. Ninguén lles deu información, quizais polo medo ou tal vez polo asombro que lles producía ao saber que aquel neno era un rei.
Pouco despois deste feito, e tan misteriosamente como chegaron, desapareceron o neno rei e os seus protectores”.


Esta lenda que figura no "Libro Escuro" podrería estar relacionado coas guerras que houbo en Galicia entre a Raiña Urraca e o seu segundo marido Alfonso o Batallador contra Alfonso Raimúndez (que logo foi Alfonso VII), fillo do primeiro matrimonio de Urraca.

miércoles, 19 de septiembre de 2007

Fóra do templo

Pola noite, no medio do bosque no que habito, estrabiouse un trasto barulleiro, nunca na vida escoitara tales farfullos, asi que pilleino infraganti... comezou a patexar, aruñar o aire e finalmente cando íase escorregando, esbarándose por dentro do seu chaquetín, foi parar nunha caixa, quedou engaiolado na caixa dos segredos desta elfiña fantasiosa.

Cando o trasno encontrouse calmo decidiu falar:

- Se adiviñas o meu nome concedereiche 3 desexos.

Esta elfiña que pouco coñecía, púxose a indagar por onde podía, preguntou nomes aquí e acolá, e ningún foi atinar. Preguntoulle aos vixiantes, aos elfos veteranos, aos animais que nos bosques habitaban e parecía non encontrar solución, pero ao cabo de tempo, unha historia recordou e de alí un nome sacou...


A Fiadora

Érase unha vez un rei que mandou chamar por un muiñeiro pobre, por non lle pagar os impostos. O muiñeiro ao estar se un patacón ofreceu a súa fermosa filla:
-Teño unha filla que pode facer fios de ouro coa palla - mentiu

Esa noite, o rei levou á filla do muiñeiro a unha habitación chea de palla e lle dixo:-Cando amenza, debes ter rematado os fíos de ouro con toda a palla. Do contrario, castigarei ao teu pai e tamén a ti.

A pobre rapaza non sabía fiar, e menos facer fíos de ouro. Como o seu esforzo foi en vao, votouse a chorar. De pronto, entrou un homiño raro.

-Boas noites, doce meniña. ¿Por que choras?
-Teño que facer fios de ouro e non sei como.
-¿Que me das a cambio se a fio eu? -preguntou o homiño.
-Podería darte o meu colar - dixo ela

Cando o rei viu aquilo, deixouse levar pola ambición e quixo ter máis. Entón levou á nena a unha habitación máis grande.
"¿Que vou a facer agora?" pensou.
Esa noite, o homiño voltou. Esta vez, aceptou o seu anel de ouro.

Ao ver tal cantidade de ouro, a avaricia do rei desbordou. Pechouna nunha torre chea de palla.-Se maña pola maña xa a tes toda en fíos de ouro, casarei contigo e serás a raíña.O homiño regresou pola noite, pero a pobre xa non tiña nada máis para darlle.

-Cando te cases terás que darme o teu primeiro fillo – e a rapariga aceptou.

Ao día seguinte, o rei viu que a torre estaba chea e tal como prometera, se casou coa filla do muiñeiro.
Un año despois da voda, a nova raíña tivo unha filla.

A raíña olvidara o trato feito co homiño, ata que un día apareceu.
-Dáme o que me prometiches.

A raíña ofreceulle toda clase de tesouros pero o homiño non aceptou. Desesperada a raíña rompeu a chorar. Entón o homiño dixo:
-Tes tres días para adiviñar o meu nome. Se non quedo coa meniña.

A raíña recopiou nomes pero a resposta sempre era a mesma:
- Non, así non me chamo eu.
Ao terceiro día, a raiña enviou emisarios aos rincóns máis alonxados do reino. O último emisario en chegar relatou unha historia moi particular:
-Ía camiñando polo bosque cando de repente vin un homiño bailando. Ao mesmo tempo cantou: "¡A reina perderá, pois o meu nome nunca sabrá. Son o gran ...

...
- ¡Ti te chamas Rumpelstiltskin!
- Xa vexo que coñeces os nosos mitos - patexou no chan
- Agora tesme que concedelos tres desexos.
- Pensaos ben, moi pero que moi ben e, cando xa sepas o que queres so tes que chamarme polo meu nome.

E o trasno desapareceu.
...

Cando a raiña dixo o nome do homiño desapareceu por un oco que fixo no chan e non se volveu saber nada del. En canto a raiña viviu coma tal co rei e a princesa.

martes, 18 de septiembre de 2007

A defensa


Onte houbo unha mostración que por que temos que defende-los nosos templos élficos, mostrar as nosas forzas ante calquera que ose asomalas narices nos nosos bosques.


Os sabios adicaron a noite pasada a ensinarnos aos máis cativos a importancia de mante-lo anonimato da nosa existencia e de por que os vixiantes das nosas fronteiras son humáns enmeigados...



A lenda de Troia


Na Asia Menor e nas cercanías del Helesponto, erguíase a cidade de Troia, lugar defendido por muros grosos de ladrillo que formaban un sólido recinto. Os seus reis obtiñan grandes beneficios debido ao cobro de impostos ás embarcacións que traficaban entre os mares Negro e Exeo.

Homero, o autor do libro "La Iliada", afirma que o conflicto estalou polo rapto de Helena, esposa do rey de Esparta e cuñada de Agamenón quen, para venga-la afrenta, reuniu ós exércitos gregos e organizou unha frota para destruír Troia.

A ciudade de Troia resistiu tódolos ataques, protexida polosmuros. Aconsellado pola deusa da Sabedoría, Ulises (o seu protexido) mandou construir un xigantesco cabalo de madeira, no cal no seu interior esconderonse os principais helenos (os seguidores de Helena), mentres que o exército -pretextando retirada- embarcaba, alonxándose da zona.


O cabalo quedou só na praza e os troianos decidiron introducilo na ciudade como trofeo de guerra. Pola noite, mentres festexaban o triunfo, os gregos abandonaron o cabalo e abrieron as portas de Troia para que o exército -que había desembarcado novamente- entrara. Esta defendeuse, pero finalmente foi incendiada e os seus habitantes mortos ou escravizados. Helena, voltou aEsparta.

...

Os nosos antepasados mostraron a intelixencia dos astutos gregos, facendo saber que todo humán coñece a historia e pode facer uso dela para entrar no noso mundo, e os vixiantes entendidos no tema, deben saber defendelas súas filas ante tales imprevistos

lunes, 17 de septiembre de 2007

Unha pequena lenda lembrada

Na miña memoria existe un recordo alleo, supoño que a lenda da que vou falar contouma meu pai, elfo bicentenario que goza dunha grande sabedoría, pois non coñezo outro ser que coñeza tales historias.

A lenda da cita en Samarra


Por casualidade, un criado escoitou na praza do mercado que a morte o estaba esperando. Voltou á casa correndo e díxolle ao seu amo que debía fuxir á veciña poboación de Samarra para que a parca non o atopara.

Esa noite, despois da cea, chamaron á porta. Abriu o amo e encontrou á morte, que preguntou polo criado.

- Está enfermo na cama – apresurou a mentir –. Está tan enfermo que ninguén debe molestalo.

- ¡Que raro! – contestou a morte -. Seguramente equivocouse de sitio, pois hoxe, á medianoite, tiña cita con el en Samarra.


Nos recordos aparece a imaxe dun libro titulado “El ocho”, seica ten algo que ver algo coa lenda, pero esta elfiña non lembra moito máis do que hoxe osa contar.

domingo, 16 de septiembre de 2007

O vixiante dos elfos

Cando os elfos chegaron á terra, acostumaron a habitar no medio de bosques vírgenes, trataron de mante-la xente alonxada e para iso utilizaron vixiantes; seres humanos sometidos a poderosos encantamentos. Cando alguen entraba nos seus dominios, os vixilantes daban o aviso aos elfos, e estes sometianos ata a morte na maioría dos casos. Só poetas e soñadores tiñan a posibilidad se safarse das maldicións, aínda que poucos conseguían escapar dos vixiantes, celosos da súa fortuna e condenados a non poder huír de alí...

De este feito, nunhas cabanas de Irlanda, contase a historia dun vixiante que conseguiu escabullirse...

Esta elfiña soñadora procurará ir atrapando vixiantes para os seus soños e para coñecer o mundo que non pode chegar a ver desde os bosques de Galiza, irá na procura de poetas e historiadores que lles traia novas e delicias...