Na miña memoria existe un recordo alleo, supoño que a lenda da que vou falar contouma meu pai, elfo bicentenario que goza dunha grande sabedoría, pois non coñezo outro ser que coñeza tales historias.
A lenda da cita en Samarra
Por casualidade, un criado escoitou na praza do mercado que a morte o estaba esperando. Voltou á casa correndo e díxolle ao seu amo que debía fuxir á veciña poboación de Samarra para que a parca non o atopara.
Esa noite, despois da cea, chamaron á porta. Abriu o amo e encontrou á morte, que preguntou polo criado.
- Está enfermo na cama – apresurou a mentir –. Está tan enfermo que ninguén debe molestalo.
- ¡Que raro! – contestou a morte -. Seguramente equivocouse de sitio, pois hoxe, á medianoite, tiña cita con el en Samarra.
Nos recordos aparece a imaxe dun libro titulado “El ocho”, seica ten algo que ver algo coa lenda, pero esta elfiña non lembra moito máis do que hoxe osa contar.
3 comentarios:
"El ocho" acompañoume durante uns cantos traxectos de metro...
Vai haber que ler ese libro
Lino hai anos e gustárame moito.
Publicar un comentario