Pola noite, no medio do bosque no que habito, estrabiouse un trasto barulleiro, nunca na vida escoitara tales farfullos, asi que pilleino infraganti... comezou a patexar, aruñar o aire e finalmente cando íase escorregando, esbarándose por dentro do seu chaquetín, foi parar nunha caixa, quedou engaiolado na caixa dos segredos desta elfiña fantasiosa.
Cando o trasno encontrouse calmo decidiu falar:
- Se adiviñas o meu nome concedereiche 3 desexos.
Esta elfiña que pouco coñecía, púxose a indagar por onde podía, preguntou nomes aquí e acolá, e ningún foi atinar. Preguntoulle aos vixiantes, aos elfos veteranos, aos animais que nos bosques habitaban e parecía non encontrar solución, pero ao cabo de tempo, unha historia recordou e de alí un nome sacou...
A Fiadora
Érase unha vez un rei que mandou chamar por un muiñeiro pobre, por non lle pagar os impostos. O muiñeiro ao estar se un patacón ofreceu a súa fermosa filla:
-Teño unha filla que pode facer fios de ouro coa palla - mentiu
Esa noite, o rei levou á filla do muiñeiro a unha habitación chea de palla e lle dixo:-Cando amenza, debes ter rematado os fíos de ouro con toda a palla. Do contrario, castigarei ao teu pai e tamén a ti.
A pobre rapaza non sabía fiar, e menos facer fíos de ouro. Como o seu esforzo foi en vao, votouse a chorar. De pronto, entrou un homiño raro.
-Boas noites, doce meniña. ¿Por que choras?
-Teño que facer fios de ouro e non sei como.
-¿Que me das a cambio se a fio eu? -preguntou o homiño.
-Podería darte o meu colar - dixo ela
Cando o rei viu aquilo, deixouse levar pola ambición e quixo ter máis. Entón levou á nena a unha habitación máis grande.
"¿Que vou a facer agora?" pensou.
Esa noite, o homiño voltou. Esta vez, aceptou o seu anel de ouro.
Ao ver tal cantidade de ouro, a avaricia do rei desbordou. Pechouna nunha torre chea de palla.-Se maña pola maña xa a tes toda en fíos de ouro, casarei contigo e serás a raíña.O homiño regresou pola noite, pero a pobre xa non tiña nada máis para darlle.
-Cando te cases terás que darme o teu primeiro fillo – e a rapariga aceptou.
Ao día seguinte, o rei viu que a torre estaba chea e tal como prometera, se casou coa filla do muiñeiro.
Un año despois da voda, a nova raíña tivo unha filla.
A raíña olvidara o trato feito co homiño, ata que un día apareceu.
-Dáme o que me prometiches.
A raíña ofreceulle toda clase de tesouros pero o homiño non aceptou. Desesperada a raíña rompeu a chorar. Entón o homiño dixo:
-Tes tres días para adiviñar o meu nome. Se non quedo coa meniña.
A raíña recopiou nomes pero a resposta sempre era a mesma:
- Non, así non me chamo eu.
Ao terceiro día, a raiña enviou emisarios aos rincóns máis alonxados do reino. O último emisario en chegar relatou unha historia moi particular:
-Ía camiñando polo bosque cando de repente vin un homiño bailando. Ao mesmo tempo cantou: "¡A reina perderá, pois o meu nome nunca sabrá. Son o gran ...
...
- ¡Ti te chamas Rumpelstiltskin!
- Xa vexo que coñeces os nosos mitos - patexou no chan
- Agora tesme que concedelos tres desexos.
- Pensaos ben, moi pero que moi ben e, cando xa sepas o que queres so tes que chamarme polo meu nome.
E o trasno desapareceu.
...
Cando a raiña dixo o nome do homiño desapareceu por un oco que fixo no chan e non se volveu saber nada del. En canto a raiña viviu coma tal co rei e a princesa.
miércoles, 19 de septiembre de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Podo facerche unha suxestión coa mellor intención do mundo? Procura corrixir as faltas de ortografía; afean o texto.
Precioso conto.
(Borra o comentario se queres)
Canto tempo facia que nom oia esta historia... parabens pola tua idea de recuperar contos ou de dar a conhecer outros novos.
Acabas de ganhar un novo lector, e gracinhas pola tua visita.
Fermoso conto para aledar o día.
Xa coñecia o conto. Pero sempre é bonito, volver a recordar, vellas historias.
Aqui unha compañeira, outro ser de fantaía para vixiar, Ti xa me entenderás
Bonito conto
Publicar un comentario