sábado, 20 de octubre de 2007

Wolfo

Fai anos marchei cos maiores do templo, onde nacín, ao Parque Natural de Montesinho, á Terra Fría.
A paisaxe demostra a integración entre humáns e natureza, tendo en conta o clima e os recursos dispoñibles, e dálle ao Parque características únicas.
As condicións climáticas son as causantes dunha paisaxe tan rica e variada, tanto fauna como flora.
Pronto dei conta do que acontecía cos anciáns, querían que os máis cativos foramos un só individuo, desapareceron.
Tardamos en afacernos ao territorio, quedamos no máis profundo silencio, ata que sentimos o que nos rodeaba, afinamos os nosos sentidos. Descalzos e cos ollos pechados, notabamos ata as máis pequenas larvas, cascudas, as estridentes voces dos morcegos, o alento e respiración dos demais elfos que alí estaban, inclusive os pasos de...

Alí estaba, un dos seres máis populares do Parque de Montesinho, o lobo ibérico. Quedei abraiada ante tal aparición, tiña entendido que non se arrimaban tanto aos demais seres, claro está se non era considerado como présa. Pero alí estaba, os demais elfos subirán, en menos que canta un galo, ás árbores, e esta elfiña tesa no sitio, inmóbil, mirábame con fixación e, eu... eu... non era capaz nin de moverme... nin de quitarlle os ollos de enriba. Quedei pensando na orde de ¡Senta! No meu pensamento era firme, pero o subconsciente non deixaba tornar eso en palabras na miña gorxa. Pensei ¡senta!¡senta!¡senta! E sentou, lambeuse o fociño, mirábame aos ollos. Estaba quedo. Na miña cabeza escoitei, “Da outra orde coa mesma firmeza”. Era un dos sabios na miña mente. Espreitei. Primeiro un lado e logo cara atrás. E nada. Absolutamente nada. “Que non ula o medo”. Tornei de novo os ollos cara aquel can salvaxe. Non podía estar só, van en manadas. Pero algo me dicía que aquel en particular era un lobo solitario.

“Dálle outra orde”. Pensei e ¡Fica aí! Marchei nuns intres na procura dos sabios. Quiteime do seu campo visual. Volvín á hora e seguía alí, na mesma posición. Os elfos seguían subidos. Púxenme a un lado do lobo, pero non moi preto. Pedinlle aos demais que baixaran. ¡Fica aquí! E continuou quedo.
Comecei a camiñar e el non se movía. ¡Imos! E seguiume como se fora a súa líder. Camiñamos unha boa distancia e encontramos aos sabios. O lobo estaba atrás de min. Puxen a miña man a dous palmos do seu fociño e ficou quedo. Nin o mirei pero seino.
- Noraboa. Xa coñeces o teu poder.
¡Wolfo!

Desde entón cóidame ás costas, menos nesta pequena aventura. Vótoo de menos.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Fermosa historia.

Anónimo dijo...

Belo conto, Elfiña!...

Obrigada pela referência que fazes ao Parque de Montesinho [ou à Braganzónia, o que para mim é o mesmo]

Um Xi Grande da Porca

FraVernero dijo...

Vaia... qué marabilla de sitio, de conto e de lendas! Co que me gusta a mín a mitoloxía e todo tipo de criaturas élficas, dende as que cantava Dunsany -entre o folk e o art noveau- ás belezas sapientes de Tolkien, pasando polas inmorais especies semellantes (Melniboneses, Vadagh)de Moorcock e un longo, longo etcétera...

Un parque me me impresionara no meu caso fora o de Ordessa, mais a miña forma non-élfica non foi quen de atopar un deses lobos que tanto admiro, animal fermoso onde os haxa, e tamén un receptáculo con patas dun sinfín de lendas e de imaxes...

elfiña dos soños dijo...

Porca da Vila

Non acostumo a contestar así, pero algunha vez tiña que ser a primeira, á verdade e que cando me nombraste o Parque Natural picoume a curiosidade, entre as fotografías e a descrición crín te-la oportunidade de falar sobre este lugar, e que menos presentando así ao meu compañeiro Wolfo. Moitas grazas por darme un bo tema do que poder falar, máis adiante tentarei en describir máis as zonas naturaisque comprenden na España e Portugal.
kiños

Alexan dijo...

Fermoso relato dun mundo maxico.
Entretivenme un pouco con Wolfo, que lle ouvea a lua e da pequenos ladridos de contento. boa adopción.
Unha aperta

Fada Branca dijo...

OHHHHH que becho tan lindo. Agora telo no blog, non o votes de menos que ahi o tes ti.

Anónimo dijo...

Olá 'Elfiña',

Infelizmente já há muito poucos lobos na Braganzónia. Mas ainda há alguns, que vão resistindo quase por milagre. Não são como o teu 'Wolfo'. São nobres, sim, mas selvagens e muito perigosos porque a falta de caça os obriga a atacar os rebanhos de ovelhas, O que provoca a revolta dos pastores que os caçam sem dó nem piedade. Por isso foram acabando.
Já vi alguns em liberdade, à minha frente, e posso dizer-te que a sensação que se tem ao vê-los e o arrepio enorme que nos percorre a espinha e nos deixa quase gelados, são uma coisa do outro mundo!

Um Xi Grande

Suso Lista dijo...

A Braganzónia, coma a Transilvania. Auuuuuuuuuuuuuuuuuuu

paideleo dijo...

Gracias a ti descubrín ese parque natural en forma de precioso conto.
Longa vida a Wolfo e compaña.

abueloscrisytoño dijo...

Fermosa historia ,marabilloso entorno,da gusto adentrarse na fraga!felicidades!
A.Cris

Anónimo dijo...

Venceste o medo e o lobo respeitou-te a coragem! e os olhos de um lobo metem medinho, ai não!

Gostei da história!
Unha aperta cá do Portuga.

Anónimo dijo...

moi bonito elfiña, vaste mellorando en cada historia, cousa harto dificil, que lo sepas

Anónimo dijo...

por certo sintoo mais tas nominada.

http://ak77.blogaliza.org/2007/10/30/88888/

Fada Branca dijo...

holas veras que a foto de perfil non é a mesme, eque me din conta de ke a dirección da que tiñas xa non existe e non se ve xa, espero que che guste esta, xa me dirás. E se non a cambiarse: esta tamén che é graciosa http://mx.geocities.com/ggomezunam/butter.png