lunes, 7 de marzo de 2011

Volta atrás

Tras moito vagar, Wolf mais eu iamos vendo paisaxez fermosas que quedan na retina, tal coma unha foto e, tamén zonas tenebrosas, nas que un nudo no estómago queda tremendo de medo.
Nestos tres últimos anos, non encontramos ningunha sinal dos meus, nin tan sequera... uff... só de pensalo, que non estiven aí, caenme as bágoas, os nocellos temblan, os dentes triscan e podería seguir pero tan so sería unha perda de tempo.

Volta atrás...

- ¿Imos?

Camiñando de volta cara á civilización... soldados enmascarados, escudos enormes.

.- "Por favor que non me recoñe..."

- ¡Eh! unha cativa, mirade, mirade, ¿de onde sairá? - Oíase de lonxe

.- "Corre" - nese intre fun capturada por unha man xigante, se os dedos puideran dobrarlle máis darianme a volta dúas veces ao meu brazo. - WOOOOOLLLLF corre, vaite... - oín un "toc" e Wolf caeu coma se fose un saco de patacas - ¡NOOOOOOOOO!

Chorei e chorei. Seguín chorando. vinme no medio de aqueles homes rudos e co meu lobiño no chan, levaronme... obrigaronme a ir... aquela chavola diminuta... tiñas pasar un par de telas e aquilo ¡uau! Comida a mansalva (non me estraña para alimentar a aqueles monstruos), bebida cun cheirume rancio, olores moitos olores fortes ¡puaaaa! quero volver a casa ¡Wooolf! evolta a chorar. Despois de xantar eles, ofreceronme leite, pero non sabia como a que eu probara en ningunha das miñas viaxes, era un olor moi forte, eche o mesmo, estaba moi rica, freca ¡ummmmmm! Aqueles olores marcharan, aínda que quedaba comida, o rancio tamén marchara...

- Come este bolo - unha cousiña que case non me collía na man, redondo e abombado, inquei os dentes e papeino nun bolado. - Había fame, ¿eh? - dixo aquel home peludo, tocandome a cachola (chega a estar enfadado e cunha man agarrame a cabeza e levame polo aire coma se nada)

Despois levaronme a outra cabanela e dentro había gaiolas e alí estaba... aínda respiraba...iso parece... está vivo...

domingo, 3 de febrero de 2008

As espadas voaban no ceo, os vixiantes encontrábanse no chan, feridos, sanguinolentos, desfarrapados, amputados, cubertos de magulladas... en definitiva, mortos.

Nais elfos e os máis pequechos fuxían ás agachadas; maiores, anciáns e sabios manxaban poderes e espadas, escudos en corpo e de man; os xoves e medianos, aínda que non manexaban de todo o poder do que dispoñían e utilizaban os mesmos instrumentos de protección; parte das mulleres que non tiñan aínda familia formada tamén refuxiarán e, a outra parte facía uso dos arcos e frechas, facéndose lustres da súa agudeza e puntería, ademais dun as na manga.

Wolf, ferido por un chante daquelas bestas que osaban entrar no templo e irrumpir a tranquilidade que alí tiñamos, conseguira fuxir de puro milagre, aínda que non perdera de vista o que alí acontecía. Agochado entre silveiras e frores de toxo... Gusáns, cucarachas e demais insectos facían de alimento. A ferida íase curando lentamente.
.
.
.
.

Espertamos, xa era día...

- Imos.

lunes, 28 de enero de 2008

Forza

Levei tempo agochada naquel terreo inhospito.
Cada noite, soñaba coa miña desaparición, sobre os demais elfos, [...], o sucedido... Bágoas noite tras noite.
Aos poucos comprendín que non eran soños, nin tan sequera pesadelos. O templo convertirase en ruinas, houbo unha guerra e eu non loitei nela. Cada vez que botaba unha sonada, vía o que ocurrira, Wolf non perdera detalle da pelea tran enorme.
Bágoas noite tras noite.

Logo as forzas fuxían do meu corpo, xa non me esforzaba en resistirme á fame, nin á sede, nin ó frío.

Wolf tirou de min, ata que quedou farto, traboume e non tiven outra que moverme. Cheguei a unha poza, a cal, en tempos anteriores a aquela desgraza, era un lago cheo de vida. Xa non sabía se beber ou non, pero Wolf quitoume de dudas. Mergullouse e Voltou canda min. Así que fixen o mesmo.
Ao pouco, fumos na procura de algo para levar á boca.
Caminamos e andamos e seguimos prácticamente a catro patas, cousa que non lle era complicado ao meu compañeiro, cuestión de costumes.

A piques de rendirme, chegou a comida. Wolf cazara. Traera comida. Comida. ¡Por fin!

- Despois de comer, descansamos e imos ver que encontramos.

miércoles, 21 de noviembre de 2007

Volta ó templo

Despois de pasar un tempo lonxe do bosque, comecei a ter morriña. Aqueles carros con rodas facían moito ruído, a cidade nunca permanecía uns intres en silencio. Votaba de menos os murmullos da natureza, a miña familia, o templo, as árbores, Wolfo...
Chamei a aquel trasno:
- ¡Quero volver á miña casa!

...

Aquilo non era onde eu me criara, só había; nada.
- ¿¡Hola!? ¿Hai alguén? ¡Hooolaaaa!
Era imposible.
- Trasno trampulleiro, ¿onde te metiches? Isto non é...
- Si é. Ti pediches estar na casa outra vez -. Desapareceu para sempre.

Ruínas. O templo estaba en ruínas.
De súpeto, todo quedou a escuras. Noite. Non. Non era noite. Tristeza. Todas as cores esfumáronse. Nin asubíos de paxaros, ninguén, nada.
De pronto, un estrondo e outro.
A terra comezou a tremer, todo movíase baixo os meus pés. E finalmente un fogonazo.
>> Guerra <<
Imposible. Certo, a única explicación posible; os humáns toparon con nós; rebelión do exercito dos vixiantes.
Agocheime, encollín o meu corpo, e alí quedei, nun pequeno recuncho do que fóra a miña casa.
Pensei que formulara mal o meu desexo, pero as cousas non son así, eu non podía saber...
Todo era a miña culpa, non debín marchar... os sabios advertiran... non debín marchar.
- ¡Quero ir coa miña familia!

Estaba encurvada de tal maneira, que os meus cóbados apoiaban nos nocellos e a cabeza nos primeiros. Sentín que me vixiaban desde unha boa proximidade. Cando erguín a cabeza fiquei naqueles ollos. Espreitaban cara min, eu só vía os seus ollos, brillantes na escuridade. O meu corpo non era meu, non reaccionaba á miña petición de fuxir... o meu cerebro asemellaba dicir >> non te movas ou sairás cos pés por diante <<. Quedei alí sen mover un pelo, mirando con firmeza. Se acercaba, cada vez máis preto, e máis, e máis... ata ter o seu alento na miña cara.
- Wolfo – dixen entrecortada.
Entón sentín un gran alivio e pesar. El sabíao todo. O que pasara e máis, pero as miñas facultades mentais sobre o entendemento animal estaban lonxe da razón. Tentei ordenar os pensamentos, pero todo se agolpaba de maneira abrupta.
Sería a miña culpa.
Está vivos.
Que pasou.

Wolfo permaneceu ao meu carón todo o tempo. O cansanzo, os días que levaba sen durmir, o frío, a soidade... finalmente quedei durmida abrazada a aquel espírito encarnado nun lobo. A primeira vez que o agarimaba de tal xeito. >> Ós seres salvaxes deben permanecer como tal, aínda que compartan o noso espacio, á excepción de aves mensaxeiras << .

Cando xa levaba un tempo cos ollos pegados comecei a escoitar cousas, ver imaxes... pero estaba durmindo. Mo estaba contando todo... vía o que el vira.

...

viernes, 16 de noviembre de 2007

Boas a todos:
Esta elfiña despidese durante unha tempada pois vai permanecer un tempo as agochadas, que sepades que xa pedín a volta a casa...
xa vos contarei como foi pois o trasno trampulleiro...
bicos

sábado, 20 de octubre de 2007

Wolfo

Fai anos marchei cos maiores do templo, onde nacín, ao Parque Natural de Montesinho, á Terra Fría.
A paisaxe demostra a integración entre humáns e natureza, tendo en conta o clima e os recursos dispoñibles, e dálle ao Parque características únicas.
As condicións climáticas son as causantes dunha paisaxe tan rica e variada, tanto fauna como flora.
Pronto dei conta do que acontecía cos anciáns, querían que os máis cativos foramos un só individuo, desapareceron.
Tardamos en afacernos ao territorio, quedamos no máis profundo silencio, ata que sentimos o que nos rodeaba, afinamos os nosos sentidos. Descalzos e cos ollos pechados, notabamos ata as máis pequenas larvas, cascudas, as estridentes voces dos morcegos, o alento e respiración dos demais elfos que alí estaban, inclusive os pasos de...

Alí estaba, un dos seres máis populares do Parque de Montesinho, o lobo ibérico. Quedei abraiada ante tal aparición, tiña entendido que non se arrimaban tanto aos demais seres, claro está se non era considerado como présa. Pero alí estaba, os demais elfos subirán, en menos que canta un galo, ás árbores, e esta elfiña tesa no sitio, inmóbil, mirábame con fixación e, eu... eu... non era capaz nin de moverme... nin de quitarlle os ollos de enriba. Quedei pensando na orde de ¡Senta! No meu pensamento era firme, pero o subconsciente non deixaba tornar eso en palabras na miña gorxa. Pensei ¡senta!¡senta!¡senta! E sentou, lambeuse o fociño, mirábame aos ollos. Estaba quedo. Na miña cabeza escoitei, “Da outra orde coa mesma firmeza”. Era un dos sabios na miña mente. Espreitei. Primeiro un lado e logo cara atrás. E nada. Absolutamente nada. “Que non ula o medo”. Tornei de novo os ollos cara aquel can salvaxe. Non podía estar só, van en manadas. Pero algo me dicía que aquel en particular era un lobo solitario.

“Dálle outra orde”. Pensei e ¡Fica aí! Marchei nuns intres na procura dos sabios. Quiteime do seu campo visual. Volvín á hora e seguía alí, na mesma posición. Os elfos seguían subidos. Púxenme a un lado do lobo, pero non moi preto. Pedinlle aos demais que baixaran. ¡Fica aquí! E continuou quedo.
Comecei a camiñar e el non se movía. ¡Imos! E seguiume como se fora a súa líder. Camiñamos unha boa distancia e encontramos aos sabios. O lobo estaba atrás de min. Puxen a miña man a dous palmos do seu fociño e ficou quedo. Nin o mirei pero seino.
- Noraboa. Xa coñeces o teu poder.
¡Wolfo!

Desde entón cóidame ás costas, menos nesta pequena aventura. Vótoo de menos.

miércoles, 17 de octubre de 2007

Fóra do templo IV

E a terra cheguei, pero nin idea de onde estaba. Patria de Hércules, ampla coma ela soa. Enorme e sen esaxeracións. Perdón polo seguinte pero “¿Onde carallo estou? Si, en Grecia, ¡vale!. Pero non é que este país sexa algo así coma un pobo. Trasno trampulleiro. Deixarme nun sitio cheo de auga infinita e un areal de tres pares. Cacho praia.
Cando me situei, non esperaba que fora en onde foi: a praia de Lido en Venecia, o paraíso das góndolas.
Encontrei a varios anciáns que falaban nunha lingua rarísima, pero entendíaos e non sei como, estaban sentados nun banco e pregunteilles de onde era Hércules, de que parte, quedaron mirando para min, sorprendidos, e o único que comentaron foi que el non era un humán corrente, senón mais ben un semideus, ser do Olimpo, mundo de deuses, lugar no que aquel que non fora deus non podía entrar.
¡Que desilusión!
Tamén comentaron que non era só a patria de Hércules.


A caixa de Pandora

Zeus decidiu castigar aos homes soberbios, malvados e ruíns. Para iso mandou chamar ao seu fillo Hefestos, o ferreiro divino, quen traballaba nas profundidades da terra e, ordenoulle que creara unha muller.
Aquel mandato caeulle de sorpresa, non era tarefa fácil, pero as ordes divinas non se discuten e aplicouse para facer realidade a petición do pai. Das súas mans saíu unha muller fermosísima, tan bella como unha deusa. Rapidamente arrimáronse a contemplala. Ademais, deulle un alma mediante unha chispa.
Deusas e semideusas fixéronlle presentes, dotándoa de xoias, vestidos púrpura... Ata Afrodita derramou nela todos os seus encantos.
Cando Zeus a viu, quedou compracido e quixo obsequiala antes de que ela emprendera a viaxe que a levaría a estar cos homes. Chamouna Pandora (muller que ten tódolos dons) e, entregoulle un cofreciño. Esta arqueta contiña os males do mundo e baixo ningún concepto debía ser aberta.
Pandora agradeceu todos os regalos, en especial o que lle dera Zeus e, montada nun carro chegou á terra, onde o destino prometeralle en matrimonio ao rei Epimeteo.
A curiosidade fixo o resto. A pesares das advertenzas, Pandora comezou a darlle voltas no pensamento sobre o cofre.
¿Como serían os males?¿Resultaría pernicioso abrilo, aínda que fose so un pouquiño?
¿Pasaría algo? Ao fin no aguantou máis e abriuno.
Enormes espirais de fume negro e denso saíron do cofre. Miles de figuras fantasmais, envoltas nunha néboa acre que escurecía o sol. Pandora, espantada, intentou pechar a arqueta, pero todo foi en vao. Enfermidades, dor, pobreza, fealdade, vicios... expandidos sen control por todo o mundo. O destino que Zeus fixara aos homes cumpríase inexorablemente.
Pandora choraba ante tal desastre e, cando o fume disipou, votou unha última ollada ao cofre causante de tantos males. Parecía estar baleiro, pero no interior quedaba un paxariño con ás coloreadas. Era a Esperanza, o único don co que podía contar a raza humana, para consolarse das desventuras que lles agardaban.
...

Non sabía que unha simple caixa fora capaz de facer tanto mal. Terei que termar ás veces a miña curiosidade non vaia ser.
Cando espertei do meu absentismo, aqueles anciáns xa non se atopaban aló, marcharan, pero ¿cando?