miércoles, 17 de octubre de 2007

Fóra do templo IV

E a terra cheguei, pero nin idea de onde estaba. Patria de Hércules, ampla coma ela soa. Enorme e sen esaxeracións. Perdón polo seguinte pero “¿Onde carallo estou? Si, en Grecia, ¡vale!. Pero non é que este país sexa algo así coma un pobo. Trasno trampulleiro. Deixarme nun sitio cheo de auga infinita e un areal de tres pares. Cacho praia.
Cando me situei, non esperaba que fora en onde foi: a praia de Lido en Venecia, o paraíso das góndolas.
Encontrei a varios anciáns que falaban nunha lingua rarísima, pero entendíaos e non sei como, estaban sentados nun banco e pregunteilles de onde era Hércules, de que parte, quedaron mirando para min, sorprendidos, e o único que comentaron foi que el non era un humán corrente, senón mais ben un semideus, ser do Olimpo, mundo de deuses, lugar no que aquel que non fora deus non podía entrar.
¡Que desilusión!
Tamén comentaron que non era só a patria de Hércules.


A caixa de Pandora

Zeus decidiu castigar aos homes soberbios, malvados e ruíns. Para iso mandou chamar ao seu fillo Hefestos, o ferreiro divino, quen traballaba nas profundidades da terra e, ordenoulle que creara unha muller.
Aquel mandato caeulle de sorpresa, non era tarefa fácil, pero as ordes divinas non se discuten e aplicouse para facer realidade a petición do pai. Das súas mans saíu unha muller fermosísima, tan bella como unha deusa. Rapidamente arrimáronse a contemplala. Ademais, deulle un alma mediante unha chispa.
Deusas e semideusas fixéronlle presentes, dotándoa de xoias, vestidos púrpura... Ata Afrodita derramou nela todos os seus encantos.
Cando Zeus a viu, quedou compracido e quixo obsequiala antes de que ela emprendera a viaxe que a levaría a estar cos homes. Chamouna Pandora (muller que ten tódolos dons) e, entregoulle un cofreciño. Esta arqueta contiña os males do mundo e baixo ningún concepto debía ser aberta.
Pandora agradeceu todos os regalos, en especial o que lle dera Zeus e, montada nun carro chegou á terra, onde o destino prometeralle en matrimonio ao rei Epimeteo.
A curiosidade fixo o resto. A pesares das advertenzas, Pandora comezou a darlle voltas no pensamento sobre o cofre.
¿Como serían os males?¿Resultaría pernicioso abrilo, aínda que fose so un pouquiño?
¿Pasaría algo? Ao fin no aguantou máis e abriuno.
Enormes espirais de fume negro e denso saíron do cofre. Miles de figuras fantasmais, envoltas nunha néboa acre que escurecía o sol. Pandora, espantada, intentou pechar a arqueta, pero todo foi en vao. Enfermidades, dor, pobreza, fealdade, vicios... expandidos sen control por todo o mundo. O destino que Zeus fixara aos homes cumpríase inexorablemente.
Pandora choraba ante tal desastre e, cando o fume disipou, votou unha última ollada ao cofre causante de tantos males. Parecía estar baleiro, pero no interior quedaba un paxariño con ás coloreadas. Era a Esperanza, o único don co que podía contar a raza humana, para consolarse das desventuras que lles agardaban.
...

Non sabía que unha simple caixa fora capaz de facer tanto mal. Terei que termar ás veces a miña curiosidade non vaia ser.
Cando espertei do meu absentismo, aqueles anciáns xa non se atopaban aló, marcharan, pero ¿cando?

7 comentarios:

A Conxurada dijo...

A túa música atraeume a este bosque máxico, obrigada por iso; eu virei a recoller setas polo teu bosque, e ti estás convidada a té paquistaní na miña casa dos desexos.

Un bico.

J.G. dijo...

Olá!

Sigo há dias este teu blogue, onde não fazia a mínima ideia de estar linkado o meu "O Sino da Aldeia".

Achei "O Bosque dos Elfos" muito interessante, com muitas coisas importantes para lutar por uma melhor cultura dos povos.

Hoje, particularmente, falaste da Caixa de Pandora, e isso recordou-me de que em um blogue meu que terminei já, um dia escrevera sobre o mesmo assunto.

Assim, faço hoje(18/Outubro)uma nova referência ao tema em "O Sino da Aldeia".
Se quiseres ler, já sabes. E comentar também!
Não importa que o faças em galego ou castellano, pois entendo bem os idiomas.

Um abraço desde Lisboa,
Jorge G.

Porca da Vila dijo...

Eu vim atrás do Jorge G. para conhecer o teu 'blog'. É que acabei de comentar no blog dele um 'post' sobre o Mito de Pandora, e tu tinhas comentado logo antes de mim. Daí a curiosidade.

Vejo que também escreveste sobre o tema, e devo dizer que gostei da forma como o fizeste. Parabéns, e felicidades para o 'Bosque dos Elfos'.

Um Xi da Porca

Albertinho dijo...

Hoxe espertei e descubrín que unha elfiña pasara polo meu blogue. Tes moita razón cas túas palabras. Graciñas.

Un bico!

Fada Branca dijo...

Anda miña elfiña, ti pide o que queiras, que no que poda axudote

Porca da Vila dijo...

Olá 'Elfiña',

Deixei um recado para ti no 'Braganzónia'.

Um Xi da Porca

APÁTRIDA dijo...

A esperanza e o motor do mundo. Sin a esperanza non teria sentido a vida. Por iso ainda cabe ilusionarse cun mundo máis xusto, máis solidario e máis humano.
Unha aperta