
A paisaxe demostra a integración entre humáns e natureza, tendo en conta o clima e os recursos dispoñibles, e dálle ao Parque características únicas.
As condicións climáticas son as causantes dunha paisaxe tan rica e variada, tanto fauna como flora.
Pronto dei conta do que acontecía cos anciáns, querían que os máis cativos foramos un só individuo, desapareceron.
Tardamos en afacernos ao territorio, quedamos no máis profundo silencio, ata que sentimos o que nos rodeaba, afinamos os nosos sentidos. Descalzos e cos ollos pechados, notabamos ata as máis pequenas larvas, cascudas, as estridentes voces dos morcegos, o alento e respiración dos demais elfos que alí estaban, inclusive os pasos de...
Alí estaba, un dos seres máis populares do Parque de Montesinho, o lobo ibérico. Quedei abraiada ante tal aparición, tiña entendido que non se arrimaban tanto aos demais seres, claro está se non era considerado como présa. Pero alí estaba, os demais elfos subirán, en menos que canta un galo, ás árbores, e esta elfiña tesa no sitio, inmóbil, mirábame con fixación e, eu... eu... non era capaz nin de moverme... nin de quitarlle os ollos de enriba. Quedei pensando na orde de ¡Senta! No meu pensamento era firme, pero o subconsciente non deixaba tornar eso en palabras na miña gorxa. Pensei ¡senta!¡senta!¡senta! E sentou, lambeuse o fociño, mirábame aos ollos. Estaba quedo. Na miña cabeza escoitei, “Da outra orde coa mesma firmeza”. Era un dos sabios na miña mente. Espreitei. Primeiro un lado e logo cara atrás. E nada. Absolutamente nada. “Que non ula o medo”. Tornei de novo os ollos cara aquel can salvaxe. Non podía estar só, van en manadas. Pero algo me dicía que aquel en particular era un lobo solitario.
“Dálle outra orde”. Pensei e ¡Fica aí! Marchei nuns intres na procura dos sabios. Quiteime do seu campo visual. Volvín á hora e seguía alí, na mesma posición. Os elfos seguían subidos. Púxenme a un lado do lobo, pero non moi preto. Pedinlle aos demais que baixaran. ¡Fica aquí! E continuou quedo.
Comecei a camiñar e el non se movía. ¡Imos! E seguiume como se fora a súa líder. Camiñamos unha boa distancia e encontramos aos sabios. O lobo estaba atrás de min. Puxen a miña man a dous palmos do seu fociño e ficou quedo. Nin o mirei pero seino.
- Noraboa. Xa coñeces o teu poder.
¡Wolfo!
Desde entón cóidame ás costas, menos nesta pequena aventura. Vótoo de menos.